31 de outubro de 2012

A insuficiencia presupostaria

A reforma leboral incluíu o concepto de "insuficiencia presupostaria" como unha causa obxectiva para o despedimento nas Administracións Públicas. O Regulamento publicado onte no BOE ven explicar cando se considera que existe insuficiencia presupostaria nunha Administración ou nunha empresa pública.
Segudo este Regulamento, se poden facer Expedientes de Regulación de Emprego cando cando a Administración tivese déficit o exercicio anterior e diminúa o presuposto o 5% nun ano ou o 7% en dous anos, contando tamén as reducións que se fagan durante o exercicio. Consecuencia: hoxe se poden facer EREs en calquera Administración Pública e non hai ningunha defensa contra decisións políticas. É verdade que se refiren unicamente ao persoal laboral (incluidos os fixos), pero iso non significa que á volta da esquina cren unha norma específica para o persoal funcionario.

Nesta situación ven o anuncio de Feijóo de funcionarizar a 6.000 laborais da Xunta. Demagoxias interesadas do goberno autonómico á parte, a CGT reclama do Presidente que manifeste, negro sobre branco, a que tipo de persoal e que condicións ten que cumprir para ser incluido neste proceso, que non pode ser un coadeiro indiscriminado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo