29 de outubro de 2012

A funcionarización de 6.000 laborais na Xunta

O anuncio de Feijóo de funcionarizar a 6.000 contratados laborais hai que collela con todas as cautelas do mundo, aínda que a algún se lle fagan os ollos chiribitas. En primeiro lugar, queremos deixar crara a nosa postura: a CGT abogou sempre pola existencia dunha única figura de empregado púbico, desaparecendo as diferenzas entre funcionarios, laborais e outras históricas que aínda sobreviven como os contratados administrativos, pero sempre atendendo a criterios e sistemas de acceso de mérito e capacidade. Na actualidade, os contratados laborais da Xunta proveñen de todo tipo de situacións: persoas que aprobaron probas selectivas, persoas que están por sentenza, persoas que foron seleccionadas a dedo, etc., e polo tanto, a norma pola que se proceda a facer a funcionarización haberá de ter en conta todas as situacións.
Por outro lado, a imprescindible modificación da Lei da Función Pública de Galicia non pode ser só para arranxar isto, senón que haberá que ver que outras medidas se pretenden incluir nela; ata o momento, as moficiacións que o goberno de Feijóo introducíu na lei no foron precisamente para mellorar aos empregados públicos, senón ao contrario: redución de días, redución de salarios nas baixas, mantemento tramposo dos privilexios salariais dos altos cargos, incremento dos postos de libre designación... Non sería estrano que Feijóo aproveitara a modificación para introducir novidades lesivas para os intereses dos funcionarios públicos baixo a medida populista de converter en laborais a 6.000 compañeiros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo