20 de decembro de 2012

Novo recorte salarial?

Segundo algúns medios de comunicacións, o goberno da Xunta prepara un novo recorte salarial do 7% para o ano 2013. Ate esta noticia, é imprescindible que a Xunta faga, inmediatamente, unha declaración pública desmentindo ou confirmando estas intencións. Os empregados públicos teñen que saber cal é o seu futuro e coñecer se se trata doutro patinazo periodístico -xa sabemos que non son os periodistas expertos en precisar as informacións, senón máis ben expertos en confundilo e mesturalo todo- ou se somentes se trata dunha redución presupostaria derivada da redución de contratacións e a falta de renovación dos cadros de persoal.
Mentras, a Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, a causa das manobras de CC.OO., UGT e CIG, decide aprazar as mobilizacións ata o mes de xaneiro, nun caso sen parangón de miopía aguda. A pesar deste erro maiúsculo, a CGT seguirá participando nas mobilizacións de empregados públicos contra o desmantelamento do sector.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo