31 de decembro de 2010

Xubilarémonos aos 67 anos; Zapatero, antes

Zapatero anunciou que o aumento na idade de xubilación se fará paulatinamente e que estará totalmente implantada no ano 2027, iniciándose a incremento a partir do ano 2013.
Está claro que o presidente confía en que, facéndoo así, a pílula sexa máis fácil de dixerir por dous motivos: os que están próximos a xubilarse non se preocuparán porque uns meses máis ou menos non lles importa; e os que son novos non se preocuparán porque a xubilación lles queda moi lonxe. Se a isto lle engadimos o engado de que poderá haber xubilacións anteriores á dita idade segundo os anos de cotización ou segundo ao sector laboral de pertenza, a trampa é perfecta.
Non nos deixemos enganar: o único que se busca é a reducción das pensións de xubilación e contra isto debemos loitar sen agardar máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo