12 de outubro de 2010

Agresión tras agresión

A Xunta ten intención de modificar a Lei da Función Pública de Galicia a través da Lei de Orzamentos para o ano 2011. As medidas previstas por estes demócratas son as seguintes, entre outras:
  • Traslados obrigatorios a través de comisións de servizo forzosas ou, excepcionalmente, modificación da adscripción do posto de traballo.
  • Disponibilidade horaria para os funcionarios de nivel 28 ou superior.
  • Libre designación para os xefes de servizo e outros postos.
 A CGT reitera que a Xunta xa ten os mecanismos suficientes para reordenar efectivos, sen necesidade de que se dote de facultades extaordinarias e que, sen ningún tipo de control, só poden servir para desfacerse de funcionarios molestos e convertir a Administración en cómplice de manexos políticos.

En canto á dispoñibilidade horaria, non podemos aceptar que algúns compañeiros, por máis que sexan de niveles altos, fagan un horario distinto ao resto. A medio prazo, esta medida prexudicaranos ao resto que se verán obrigados, paulatinamente, a modificar tamén o seu horario, por simple criterio de eficacia e coordenación.
Realmente intolerable é a volta ás libres designacións das xefaturas de servizo. Con isto só se pretende convertir a Administración nun apéndice dos partidos políticos de turno, conseguindo funcionarios sumisos, especialmente en postos no que o control da legalidade das actuacións administrativas é relevante. Non podemos esquecer a responsabilidade do tripartito neste tema, que non convocou o concurso de traslados destas prazas no seu momento polo sinxelo motivo de que querían que os "seus" colleran méritos suficientes para o devandito concurso.

Podedes ler máis información nas seguintes ligazóns:

Faro de Vigo
El País
La Voz de Galicia
El Correo Gallego

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo