4 de xaneiro de 2011

O IPC do ano 2010, disparado

O 2,9 %. Este é o IPC do mes de decembro de 2010. Quere dicir que a lista de produtos que o goberno escolle para analizr o comportamento dos prezos subiu un 2,9 % o ano pasado. Quere dicir que, polo menos (xa tivemos outras ocasións para falar do que é realmente o IPC) o estado recoñece que somos un 2,9 % máis pobres.
A isto lle temos que engadir as subas xa anunciadas para este ano: a enerxía eléctrica, o gas, o transporte, o pan... todos produtos de primeira necesidade.
E que pasa cos funcionarios? Para que nos fagamos unha idea, picando aquí temos acceso a unha táboa que amosa a evolución salarial dos empregados públicos da Xunta de Galicia nos últimos 20 anos. A bote pronto, podemos facer as seguintes observacións básicas:
  • Os salarios reais son equivalentes aos do ano 2005; é dicir, perdemos todo o que nos incrementaron no complemento específico da extra e nos fondos adicionais da Xunta, así como parte do complemento de destino.
  • Para ter o mesmo poder adquisitivo que hai 20 anos, deberíannos subir un 18,65 % de golpe, polo menos.
Outra cousa: tal como van as cousas, non estamos libres doutros recortes. De nós dependerá de que se atrevan a meter a tixeira ou non.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo