13 de xullo de 2011

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dá a razón á CGT e condea á Xunta por vulnerar a Lei Orgánica de Liberdade Sindical

O pasado día 6 de xullo fíxose pública a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que ratificaba a sentenza do Tribunal Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra de principios de ano, que condeaba á Xunta de Galicia a proporcionar un local sindical e un taboleiro de anuncios á Sección Sindical de CGT na Xunta de Galicia no Edificio Administrativo de Pontevedra. Dende a ocupación do novo Edificio Administrativo da Xunta en Pontevedra (xestionada polo anterior goberno) a CGT mantivo un conflito coa Delegación de Presidencia (tanto na etapa do PSOE como na do PP) que se negou a dotar ao noso sindicato dun local sindical igual que ao resto de organizacións sindicais con presenza na Xunta de Persoal. Aínda que a sentenza do Contencioso-Administrativo de Pontevedra e anterior ás pasadas eleccións sindicais a Xunta recurriu ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun intento impedir o normal desenvolvemento da nosa acción sindical en Pontevedra. Primeiro o Xulgado nº 2 do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, en plena campaña electoral ordeaba a execución cautelar da sentenza (orden que a Xunta desoíu) e agora o TSXG volve a dar a razón a CGT.
Aínda así a Xunta segue sen executar a sentenza e a CGT xa volveu a recurrir os tribunais para que obriguen á Administración a deixar de boicotear a nosa acción sindical.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo