16 de xuño de 2011

Novo recorte salarial aos funcionarios, segundo o Banco de España

O informe anual recentemente presentado polo Banco de España considera que aínda hai unha marxe para "reaxustar" os soldos dos empregados públicos, dado que "se observan diferenzas salariais significativas entre a remuneración do sector público e o privado, especialmente nos estratos de baixa cualificación". Isto quere dicir que, para o Banco de España, os empregados públicos con menor salario son os que deben sufrir o novo recorte proposto.
Xa se nos agota o diccionario para cualificar a este lacaio dos poderes económicos que é Miguel Ángel Fernández Ordóñez, sempre rápido para propoñer recortes aos traballadores e ás capas máis desfavorecida da poboación e lento para entrar a propoñer medidas contra a especulación e o regulamento do poder financeiro.
Non sabemos se ousarán levar adiante este novo recorte, pero a tímida reacción que tivemos o ano pasado fertilizou o terreo para que se lles poida ocorrer facelo de novo. Nas nosas máns está evitalo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo