1 de agosto de 2011

O FMI, á carga de novo

No seu informe anual sobre España, o Fondo Monetario Internacional, ese organismo teóricamente dependente da ONU, pero de feito un dos axentes do máis voraz capitalismo, ven de dicir que a cousa vai ben, pero que aínda non son suficientes as reformas. E cales so as reformas que propoñen para que todos poidamos vivir millor (ha!)? Pois son: a descentralización da negociación colectiva, o incremento do IVA e dos impostos especiais, a reducción en gastos dos empregados públicos e o abaratamento do despido.

Non fai falta ser un lince para ver a quen prexudican estas medidas:
  • Descentralización da negociación colectiva: os traballadores perderían a protección que agora teñen ao negociarse convenios sectoriais. Consecuencia: redución salarial.
  • Incremento de IVA e impostos especiais: o IVA págao o consumidor final, ao que se lle repercute; os impostos especiasi son iguais para ricos e pobres. Consecuencia: menor distribución da riqueza.
  • Redución de gasto en empregados públicos: fágase como se faga, eliminando postos ou reducindo directamente os salarios, os prexudicados serán sempre os mesmos: os cidadáns e os traballadores.
  • Abaratamento do despido: non hai nada que explicar.
Seguimos coas mesmas políticas e coas mesmas receitas. E nós, mirando como chove.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo