19 de marzo de 2012

Feijóo e o repago

Núñez Feijóo, como bo alumno de Mariano Rajoy, di que é "firme partidario da equidade farmacéutica". A equidade farmacéutica, segundo el, consiste en que cada un debe facer fronte a un pagamento escalonado das menciñas segundo o tramo da renda. Tras estas declaracións preguntámonos se o xornalismo, que estes días atrás nos vendeu a especie de que Feijóo era contrario ao repago, entende o idioma, a ferramenta básica da súa profesión.
Volve utilizar Feijóo a ameaza, tal como fixo cos recortes aos funcionarios, dicindo que non lle gustaría "chegar a cobrar 20 euros, como fai Portugal, para acudir a unha urxencia". Para Feijóo, e para todos os que están detrás do desmantelamento da sanidade pública, os culpables da crise de ésta son os enfermos, que teñen a desvergoña de querer se curar utilizando os medicamentos que os seus médicos lles prescriben.
Outra volta de torca no proceso de recortes. Outro motivo máis para saír ás rúas o día 29, o da Folga Xeral.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo