24 de abril de 2017

A Xunta sanciona a quen participu no paro do 8 de marzo

O pasado 8 de marzo, algunha organización convocou un paro de dúas horas. Este paro legalmente convocado servíu para amparar a que quisexe parar aquel día, aínda que non tivese moito seguemento.

Houbo compañeir@s que pararon as dúas horas, pero houbo moit@s que o fixeron parcialmente, o xunto para acudir á concentración de turno. Así, houbo quen parou media hora ou unha hora, en troques das dúas horas convocadas.


A Xunta de Galicia lle comunicou a cada persoa o tempo de ausenza, indicándolles que deberían xustificalo para que non se lles descontara.

E agora ven a decisión autoritaria da Xunta: a pesar do anterior, decidíu que a tod@s os que se tivesen ausentado o día 8 de marzo se lle descontarían dúas horas, aínda que tivesen xustificado parte de tempo.

Esta arbitrariedade, somente comprensible desde a óptica de quen está molesto pola folga, é intolerable. Supón que a Xunta castiga a quen fixo un paro legal e ademáis, o fai cun argumento realmente estúpido: comoa o paro convocado era de dúas horas, hai que descontar dúas horas, obviando que este dereito exércese de xestio individual e voluntario e, polo tanto, somente é susceptible de desconto o traballo non realizado.

Animamos a que se vexa prexudicado a que denuncie estas actitudes arbitrarias e autoritarias da Xunta. Sabemos que son poucos cartos, pero poñer a estes no seu sitio non ten prezo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo