28 de decembro de 2017

Os soldos deben esperar

Publica o DOG de hoxe a Lei de orzamentos de Galicia para o ano 2018 e, como era sabido, o incremento das retribucións para o eprsoal da Xunta é inexistente. Eso sí, nunha disposición adicional figura que, de subir as retribucións a Administración Central, a suba na Xunta sería automática e na mesma porcentaxe.

Ë indignante xa non só que a suba vaia ser ridícula (entre o 1 e o 1,5% de suba), sen recuperar o poder de compra perdido non últimos anos, senón que ademáis esteamos suxeitos aos vaivéns políticos  e que a falta de presupostos nunha administración serva como coartada para demorar o pago desa mínima suba. Desde a CGT esiximos que se suban os salarios xa e que se fagan recuperando o perdido nos últimos anos. Calquera outra medida é inxusta e insultante.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo