12 de decembro de 2017

Oferta de emprego público da Xunta: un fraude

O DOG de hoxe publica o Decreto coa oferta de emprego público da Xunta para o ano 2017, correspondente á Administración Xeral. Novamente, o goberno de Feijóo lanzou a propaganda dos seus medios afíns para afirmar que a oferta é a maior da historia. Pois ben, analisando a oferta, resulta o seguinte:

  • As prazas ofertadas son 789, das que 150 son de promoción interna e 213 son de consolidación de persoal laboral. A oferta real redúcese, pois, a 426 prazas. Estas prazas non cubren, nin de lonxe, o número de prazas vacantes que se producen no ano na Xunta por xubilacións. De feito, a cobertura xa se anuncia como do 100% en "sectores básicos", polo tanto, claramente insuficientes.
  • A oferta anúnciase como do ano 2017, pero en decembro. É dicir, a oferta farase realidade, como moito, a finais do ano 2018 ou en 2019 co nomeamento das persoas que aproben. Un novo engano para quen teña posta a vista no sector público como alternativa vital.
Paralelamente a esta oferta, publícase a do persoal do Sergas, tamén claramente insuficiente dado o paupérrimo estado da sanidade galega.
Volve o goberno da Xunta mentir, volve enganar á poboación, volve xogar coas aspiracións da xente. Ante este panorama, aconsellamos ao persoal que non se lance coma tolos a matricularse nas academias (xa están lanzando a súa propaganda), que hai tempo suficiente para facelo. A cousa vai para largo. Que lle pregunten a Feijóo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo