9 de marzo de 2018

Sobre a suba salarial

Parece que está a piques de asinarse, por parte dos sindicatos habituais, o acordo da suba salarial dos empregados públicos para os próximos tres anos. Intentamos aquí explicar os puntos do acordo, sempre a expensas de que non haxa cambios na asinatura final:

a) As retribucións subirán nun tramo fixo un 1,75% este ano, un 2.25% o ano 2019 e un 2% no ano 2020.
b) Haberá un tramo variable en función do Produto Interior Bruto. Se se mantén dentro do fixado por Bruxelas, habería unha suba do 0,25% o ano 2019 e o 1% o ano 2020.

c) Se hai redución do déficit nas administracións públicas, subirase un 0.55% no período.
d) A taxa de reposición pode subir ata o 75% e o 100% para sectores como sanidade e educación. O 115% para Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
e) Recuperación do 100% en caso de enfermidade, suxeita a negociación nas distintas administracións.
f) Posibilidade de fixar en 35 horas a semana laboral, suxeita a negociación coas distintas administracións, sempre que se cumpran obxectivos de gasto e financeiros

En definitiva, o único que se asina como seguro é o incremento salarial (punto a), que, a pesar do que din os sindicatos asinantes, non garante a recuperación do poder adqusitivo perdido nos últimos anos. Os puntos b) e c) quedan sen garantía. En canto a taxa de reposición, se asina mái perdas de emprego público, especialmente nos corpos xerais da Administración e se incrementan as dotacións policiais, que son corpos que xa levan anos repoñendo o 100%, e aos que se lles suben as retribucións de xeito vergoñento se as comparamos co resto. En canto o da recuperación dos descontos por enfermidade e a semana laboral de 35 horas, queda para negociar con Feijóo. Aínda que se supón que a Mesa Xeral de Negociación é para todos, a realidade a ven conrventendo nos últimos anos nunha mesa de negociación para a Adminstración Central en moitos aspectos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo