28 de novembro de 2017

Se xogamos a comparar, comparemos todo

Fíxose público o estudo dun sindicato no que se fai fincapé nas diferenzas retributivas entre o persoal das comunidades autónomas e a Administración Central. Nese estudo saliéntase a diferenza dos grupos máis altos, que chegan a ser de máis de 20.000 euros entre o Estados e algunha autonomía.
O que non se salienta en ningunha parte é que o estudo ten unhas eivas que reducen a súa credibilidade á hora de ofrecer un panorama xeral das retribucións nas administracións públicas. Por exemplo, que só se analisan os salarios de dez delas, deixando fóra do estudio case á metade das autonomías. Por exemplo, que se salienta a diferenza salarial dos grupos altos e que non se lle da importancia aos grupos baixos. Por exemplo, que se exclúe expresamente a antigüidade, que, ao longo da vida laboral, supón unha importante diferenzación salarial segundo o grupo de pertenza.

Pero o que máis nos chama a atención é que a dito sindicato lle parece ben que, en cada unha das administracións, haxa diferenzas salvaxes e dificilmente razonables entre grupos. Todos sabemos cal é o traballo que facemos e as responsabilidades, oficiais e oficiosas, que asumimos no noso labor cotiá e, paralelamente, coñecemos que as diferenzas entre os grupos altos e os baixos son enormes e que non deberían existir nas administracións públicas. Iso tamén debería ser criticable sindicalmente e non somentes as diferenzas grupo a grupo.
Desde aquí mantemos a máxima básica de "a igual traballo, igual salario", pero tamén reclamamos o dereito a unhas retribucións dignas para todos e todas e polo tanto, á redución drástica dos abanos salariais entre as distintas categorías e grupos profesionais. Que, cada vez que se sube o salario, se lle suba a algúns 5 euros por cada euro que se lle sube a outros é intolerable e inxusto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo