10 de novembro de 2017

A privatización da Sanidade, oficializada

O DOG de hoxe publica un decreto, chamado pomposamente "polo que se regula o sistema de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias públicas", que é a oficialización manifesta da privatización da Sanidade.
O decreto establece un prazo de 60 días para intervencións cirúrxicas e 45 días para consultas externas e probas diagnósticas ou terapéuticas. Transcorrido este prazo, o doente poderá solicitar que se faga noutro hospital público ou nun centro concertado.
E é aquí onde está o negocio: a sabendas de que, na maioría dos casos, os prazos actuais son moi superiores, obrigarán á maioría da poboación a ir á privada, eso sí, somentes naquelas doenzas que sexan negocio.
A moitas persoas pareceralles ben, pero a utilización das empresas privadas supón un saqueo das arcas públicas, que pagarán moitos máis cartos que o que custa facer as operacións na sanidade pública, moitas veces cos mesmos médicos e con medios ou infrautilizados ou insuficientes.
Esiximos unha sanidade pública de calidade, autoxestionada por doentes e traballadores. A súde non pode ser un negocio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo