12 de maio de 2015

Outro cacho de paga extra

No mes de maio a Xunta devolverá outra parte da paga extra que fora incautada en decembro de 2012, segundo se estableceu na Lei de emprego público de Galicia, recentemente aprobada.
A contía do que se vai devolver corresponderá ao 24,04 % dos importes deixados de percibir no seu momento (44 días de 183), do que hai que deducir o devolto ata o de agora. Isto supón un cambio de criterio fronte a devolución anterior, que estaba baseada no concepto de devengo, diferente segundo se fose funcionario ou laboral e distinto segundo o concepto retributivo entre os funcionarios.
A devolución farase de xeito automático no último destino do persoal, tendo en conta que os que non estean prestando servizo no momento do pago deberán solicitar a devolución correspondente.
Por último, recordamos que o que se perciba en concepto de recuperación contará, para os efectos do IRPF, como retribucións do ano 2015.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo