23 de xuño de 2008

Negociación para os centros de ensino

O día 20, venres, celebrouse unha xuntanza entre as centrais sindicais "maioritarias" e a Xunta de Galicia para falar do tema dos subalternos nos centros de ensino. A Administración pretende que a xornada de traballa sexa distinta en cada centro, dependendo das súas necesidades e que o horario sexa establecido unilateralmente pola dirección do centro. En compensación, a Xunta ofrece 15 € mensuais a partir do ano 2009 e outros 10 máis (en total 25) a partir do ano 2010. Os sindicatos mencionados piden 80.

Para a CGT o problema non se soluciona con cartos: para nós, os centros educativos non poden ser garderías con horario extendido e que servan para axudar ás empresas privadas a manter os horarios de explotación que están impoñendo aos traballadores e convertirse así nunha xustificación dunha falsa "conciliación da vida familiar e laboral".

1 comentario:

  1. Para algúns a conciliación da vida familiar e laboral é que os rapaces e rapazas fagan na escola xornadas tan longas como obrigan aos seus pais e nais a facer nos centros de traballo. Menudos caraduras

    ResponderEliminar

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo