8 de outubro de 2013

Xa está ben de propaganda!

O goberno de Feijóo quere aproveitar calquera cousa para utilizala como propaganda das bondades da súa xestión. Así, levan xa un tempo intentando convencer á opinión pública de que, de agora en diante, os empregados da Xunta vivirán moito mellor porque terán os horarios flexibles e poderán traballar nas súas casas.
En canto o do horario flexible, só temos que recordar que é unha reivindicación antiga dos traballadores e que se fai, noutras administracións, case desde hai 20 anos. Somente a cerrazón dos diferentes gobernos sucesivos impediu a implantación dun sistema racional e que non supón ningún deterioro na prestación do servizo público.

En relación co teletraballo, a CGT xa se manifestou contraria, dado que o único que fará será beneficiar a uns poucos que xa terán a coartada perfecta para aparecer minimamente polo traballo. O resto, os que en realidade traballarán na súa casa, non conciliarán a vida familiar coa laboral, senón que hipotecarán a familiar coa vida laboral.
Deixémonos xa de propaganda e deannos o que realmente queremos: a recuperación dos dereitos incautados, as nosas pagas, o poder de compra, os permisos acadados a costa das conxelacións salariais e todos aqueles dereitos que supoñen calidade no emprego!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo