25 de outubro de 2013

Contra as retribucións variables

O globo-sonda lanzado estes días pola Conselleira de Sanidade no sentido de que se estaba estudando a implantación dun sistema de retribucións variable volve poñer enrriba da mesa esta intención da Administración Autonómica.
En primeiro lugar, non podemos esquencer que esta opción figura no Estatuto Básico do Empregado Público, que foi avalado por CC.OO., UGT e CSIF, que agoran levan as mans á cabeza como se fora un invento sacado da manga.
En segundo lugar, non é certo que as retribucións variables, aínda que se fixeran ben, premien aos máis traballadores. Todos sabemos que as capacidades de cada ún son distintas e que non teñen nada que ver co esforzo ou a disposición ao traballo; por outro lado, hai sistemas para combatir a neglixencia ou o absentismo laboral, sen discriminar salarialmente.

Por outro lado, e trátase dunha cuestión fundamental, as necesidades dos traballadores son substancialmente as mesmas, aínda que non todos teñamos as mesmas capacidades.
A CGT maniféstase contrario a calquera tipo de discriminación salarial, aínda que veña envolta coa escusa de que uns traballan máis que outros. Este sistema o único que vai producir e máis diferenzas e inxustizas e non axudará, en absoluto, á mellora dos servizos públicos.
De cada un segundo as súas capacidades, a cada ún segundo as súas necesidades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo