17 de xullo de 2015

Que se vai negociar en Madrid?

Andan estes días en pleno balbordo preelectoral negociando en Madrid as condicións salariais e de traballo dos empregados públicos. Como as cousas "xa están mellor", segundo os políticos deste inicuo goberno, poderá haber subida salarial, ademáis da recuperación da paga extra e dos días moscosos e canosos. Jauja vai ser isto!
Pois aos negociadores polas dúas partes, querémoslles recordar o seguinte:
  • A suba que se está barallando -entre o 0,5 e o 1,5 %- é totalmente insuficiente, tendo en conta que, nos últimos 5 anos, os empregados públicos perdemos más do 25% de capacidade de compra
  • A recuperación da paga extra non é ningunha concesión, é un dereito que chegaron a recoñecer por lei. Por outro lado, que o estado faga a devolución ata o 75% non garante que Feijóo faga o mesmo. Só temos que ter en conta que, na Administración Central, xa hai dous anos que recuperaron as pagas completas mentras que en Galicia continúan capadas.
  • En canto aos días de libre disposición, non só hai que reivindicar os días de asuntos propios -moscosos-, senón tamén os que se engadiron por antigüidade e ás vacacións e que se cepillaron alegremente. Neste caso, o goberno galego terá que aplicar o que se acorde na Administración Central.
  • En Galicia, Feijóo fixo desaparecer o Fondo de Acción Social. Este fondo non se recuperará negociando en Madrid, senón presionando a Feijóo.
Desconfiemos destes desafogados e non esperemos que o que aproben sexa algo máis ca un lavado de cara propagandístico para as próximas eleccións. De nós dependerá de nos vendamos tan barato.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo