19 de outubro de 2015

Publicada a recuperación de parte dos días

O DOG de hoxe publica o anuncio da Dirección Xeral da Función Pública pola que se devolven parte dos días laminados polos gobernos. Concretamente, estes días son:
  • Días por asuntos particulares: dous días adicionais ao cumprir o sexto trienio, e un día máis por cada trienio ao cumprir o oitavo
  • Vacacións por antigüidade:
    • 15 anos de servizo - 23 días de vacacións
    • 20 anos de servizo - 24 días de vacacións
    • 25 anos de servizo - 25 días de vacacións
    • 30 anos de servizo - 26 días de vacacións
A pesar desta devolución, non se repón a situación anterior, dado que aínda están por devolver 3 días de asuntos particulares que a Administración da Xunta de Galicia tiña recoñecidos para o seu persoal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo