4 de marzo de 2015

Tito Alberto daranos outro caramelo en abril

Se todo vai como está previsto, a Xunta de Feijóo devolverá outra parte da paga extra incautada en decembro de 2010. Á espera de velo escrito na próxima lexislación da función pública galega, seica que os improtes serán iguais que os devoltos o pasado xaneiro: a metade do devendicado no seu momento, segundo se sexa funcionario ou laboral. A este ritmo, chegaremos a 2018 para conseguir recuperalo todo, e con conxelacións salariais por diante.
O máis noxento de todo é que a devolución se fará xusto antes das eleccións municipais, intentando influír nun voto que os ten preocupados.
Nós, pola nosa parte, seguimos berrando ¡queremos os nosos cartos, todos e por xunto!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo