6 de marzo de 2015

A oferta pública de emprego, outra vez

A prensa afín a Feijóo ven de publicar, por enésima vez, que a oferta de emprego da Xunta de Galicia será extraordinaria, a maior desde o ano 2009 e "catro veces máis que a de 2014". En ano electoral, a propaganda de todo tipo é importantísima e enganar ao persoal é o obxectivo dos profesionais do timo.
A realidade é sinxela: desde o ano 2010 a oferta de emprego ven sendo a reposición do 10 % das vacantas que se vaian producindo. Este ano electoral, a taxa de reposición será do 50 %, pero aínda así non se cubrirán máis que a metade do persoal que saia da administración autonómica. O desmantelamento e os recortes seguen producíndose.
Só a desfachatez dos gobernantes e a falta de ética periodística poden vender como marabilloso un novo recorte, aínda que o recorte sexa menor que o de outros anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo