9 de xaneiro de 2015

O pagamento do 12,5% da extra, en xaneiro

Xa se recibiron nas habilitacións as instrucións para o pagamento da chamada "Recuperación da paga extraordinaria e adicional de decembro de 2012". Estas instrucións din literalmente:
"As contías correspondentes á recuperación da paga extraordinaria e adicional do mes de decembro de 2012 previstas na disposición adicional décimo sétima da lei 11/2014, acreditaranse na nómina ordinaria do mes de xaneiro de 2015, agás para aqueles empregados para os que a habilitación correspondente non dispoña da totalidade dos elementos formais necesarios, acreditándose nestes casos na primeira nómina na que sexa posible. O literal que figurará nos recibos de nómina coincidirá co expresado na lei e será o seguinte "Recuperación da paga extraordinaria e adicional de decembro de 2012"."

 Isto quere cicir que a maioría percibirá esta mínima recuperación no mes de xaneiro próximo. O resto deberá solicitar certificacións das habilitacións de orixe, segundo indica a Lei 11/2014, para reclamar a cantidade que corresponda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo