19 de xaneiro de 2015

A devolución da paga, un desbaraxuste

A contradición entre a Lei de orzamentos de 2015 e as instrucións remitidas ás habilitacións está a provocar o desconcerto e a confusión. Mentres que a Lei di que os que tiveran cambiado de destino por concurso teñen que pedir unha certificación das cantidades deixadas de percibir no departamento de orixe para reclamar no de destino, nas instrucións non din nada disto. Con esta contradición, cada habilitación está facendo o que mellor entende, provocando enfados innecesarios e peregrinaxes dos traballadores polas distintas habilitacións.
Como o pagamento da maioría da xente se fará de oficio a fins de xaneiro e que os que reclamen agora non percibirán nada en xaneiro se non están incluidos na devolución de oficio, o consello da CGT para os que cambiasen de posto por concurso é que agarden a ver se cobran en xaneiro. Se cobran, perfecto; se non cobran deberán reclamar poñéndose en contacto coa habilitación correspondente. Ninguén cobrará en xaneiro por reclamar antes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo