20 de agosto de 2015

As pensións de viuvez e de orfandade, en perigo

As declaracións do Secretario de Estado da Seguridade Social, Tomás Burgos, no sentido de que as pensións de vivuez e de orfandade deberían ir a cargo dos presupostos xerais do estado vía impostos, non son inocentes. Non se trata dunha proposta para racionalizar o gasto da Seguridade Social, senón que ten trascendencia que vai moito más alá.
Ao sinalar estas pensións como responsables do déficit do sistema, ábrese unha porta certa a que sexan consideradas, no medio prazo, como pensións non contributivas coas limitacións que estas prestacións teñen: o seu importe anual non está suxeito á norma xeral e, ademáis, a súa percepción é incompatible coa pensión de carácter contributivo.
Ata agora, é posible, cos límites legais, percibir, por exemplo, unha pensión de xubilación e unha de viuvez, pero se estas se converten en non contributivas sería imposible.

Enfrontémonos a esta nova intentona de desmantelamento do sistema; os xestores teñen a obriga de atopar os ingresos necesarios para o mantemento de todas as prestacións e melloralas sen deixar fóra ningunha delas. Somentes os que ven negocio nestas circunstancias a través dos seguros privados poden ser defensores dos criterios expostos polos representantes do goberno. Non nos deixemos embaucar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo