Contra este colectivo vai o Real Decreto-Lei que hoxe publica o BOE e que establece novos recortes no Sistema Nacional de Saúde. Ademáis dos recortes xa anunciados na financiación dos medicamentos, establece outros recortes ocultados polo goberno: a mesma fórmula de repago de medicamentos a tratamentos dietoterápicos
(suplementos para pacientes con problemas de desnutrición, deglución e
enfermidades metabólicas...) e aos produtos ortoprotésicos (muletas, cadeiras
de rodas, colaríns, calzado ortopédico, férulas...). Tamén o transporte sanitario non urxente.
Teremos así que pagar as muletas e os colaríns, e tamén a ambulancia, por exemplo, aqueles enfermos que fan diálese. Unha verdadeira atrocidade. Sen embargo, estes desalmados fan fincapé en que swe trata de evitar que os estranxeiros "abusen" do sistema: pura propaganda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario