25 de abril de 2012

Medidas ocultas para os maiores de 26 anos e os estranxeiros

Entre as medidas ocultas publicadas onte no BOE figura que os maiores de 26 anos só poderán ter a condición de asegurado (no caso de non ser traballador, pensionista ou parado) se demostran non ter uns ingresos superiores a límite regulamentario. Este límite non se indica, polo que é posible que persoas que hoxe son estudiantes -ou opositores, por exemplo- poden non ser asegurados da Seguridade Social.
Por outro lado, os estranxeiros que non estean en situación de regularidade non terán máis dereito que a ser atendidos en caso de urxencia. As consecuencias son evidentes: estas persoas deixarán de acudir ás consultas ordeadamente e acudirán sempre por urxencias, provocando a saturación e o caos nuns servizos xa moitas veces superados. Por outro lado, deixarán de controlarse enfermidades contaxiosas -como a tuberculose e outras tropicais- co conseguinte risco para o resto da poboación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo