13 de abril de 2012

Contra do teletraballo

A intención da Xunta de aplicar o sistema de teletraballo non debe ser aceptada polos traballadores, xa que non supón ningunha avantaxe sobre a asistencia ao posto de traballo: non ten redución de xornada, supón o vencello permanente do traballador coa empresa e un control continuo da súa actividade, sen contar, ademáis, coa separación dos empregados que acepten este sistema dos seus compañeiros e da vida laboral e sindical, entre outras.
Salvo contadas excepcións no caso do persoal directivo, o teletraballo presenta fundamentalmente as seguintes desventaxes:

  • Falla de ambiente laboral, o ambiente no que o traballador realiza a súa función pode non ser o máis apto para a realización das súas actividades.
  • Pode provocar máis sedentarismo.
  • Aumento dos conflictos ou distraccións dentro do núcleo familiar.
  • Crea un sentimento de pouca valoración ou aprecio.
  • Perda de colaboración e relacións persoaos con outros traballadores da súa área.
  • Horarios ilimitados, incluidos os fins de semana. 
Compañeiras e compañeiros: non nos deixemos enganar polo teletraballo. Separemos a vida familiar da laboral.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo