2 de abril de 2012

Por que lle chaman conxelación?

Como era de esperar, os presupostos do Estado para o ano 2012 volven conxelar os soldos dos empregados públicos. Novamente, os políticos volven utilizar a cabeza dos traballadores públicos para dar ao resto leccións de austeridade, mentres que, a un tempo, aproban unha aministía fiscal que deixará impunes a centos de delincuentes que teñen a vitola de grnades empresarios.
Como se pode ver picando nesta táboa, a situación salarial é insostible. Para igualar os salarios actuais aos do ano 2009, deberianse subir un 13%. Estes lacaios do poder económico lánzannos á miseria a pasos de xigante, mentres que os grandes capitais veñen recortada a súa aportación.
Contiuémos mobilizándonos contra esa situación. É a única forma de parar esta política depredadora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo