O goberno, sempre fiel incumplidor do seu programa electoral, está estudando unha nova reforma sobre o sistema de pensións coa finalidade de que reducilas, aínda que sexa co eufemismo de "sostelas".
As medidas que se barallan son as seguintes:
- Adiantar cinco anos a entrada en vigor da xubilación aos 67 anos, sen descartar aumentar esta idade.
- Eliminar a posibilidade que existe actualmente de xubilarse aos 65 anos con 38,5 anos de cotizacións.
- Incrementar a 40 anos de cotizacións os necesarios para cobrar a pensión completa.
- Desvencellar a revisión das pensións do IPC, creando o chamado "Factor de sostebilidade".
A necesidade dunha gran mobilización que vaia máis alá dun paro seral de 24 horas é imprescindible. O noso futuro depende de nós e non podemos consentir que unha manda de lacaios do capitalismo da troika nos rouben os dereitos que tanto custou conseguir a xeracións de traballadores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario