6 de febreiro de 2013

Continúan as mobilizacións

A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, que coordina 18 organizacións sindicais e sectoriais, fixo unha xuntanza o pasado luns, día 4 de febrerio, no que acordou seguir coas mobilizacións dos traballadores públicos, do xeito que segue:
a) Concentracións nas principais cidades, o día 21, xoves, ás 19 horas:

  • A Coruña: Praza de Pontevedra. Edificio Facenda Xunta
  • Ferrol: Edificio da Xunta Multiusos
  • Compostela: Prza do Toural
  • Ourense: Casa do Chocolate
  • Lugo: Edificio Administrativo da Xunta
  • Pontevedra: Delegación do Goberno (pendente de confirmación)
  • Vigo: Edificio Marco
b) Concentración diante do Parlamento de Galicia o día da votación final dos orzamentos (pendente de confirmación data e hora)

Finalmente, acordouse a presentación das reclamacións da paga extra. No caso dos laborais, farase colectivamente. No caso do persoal funcionario, farase un número limitado de reclamacións individuais para evitar dúas cousas: que haxa resolucións negativas que supoñan unprecedente de "cousa xulgada" e o custo da reclamación (hai que ter en conta as novas taxas).
A CGT continuará apoiando as mobilizacións, no convencemento de que só así poderemos loitar con algunha esperanza contra as decisións contrarias aos traballadores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo