28 de novembro de 2013

Mentiráns e crueis

O presidente do goberno, Mariano Rajoy, ven de dicir, desafogadamente, no parlamento que este ano non se destruiu emprego en España. Desminte así os datos oficiais do paro proporcionados tanto polo INE, como polo Ministerio de Traballo e como a Seguridade Social que certifican xustamente o contrario.
O ministro do Interior, Jorge Fernández, ven de dicir que lle demostren os danos que poden causar as chamadas "concertinas" nas vallas da fronteira
africana, e afirma que se trata de "erosións leves", desmintindo a todos os organismos oficiais internacionais que están a pedir a súa retirada. Non ten en conta que, se quere probas, pode el mesmo intentar saltar o valado e comprobar a levedade das erosións.
O subdelegado do goberno na Coruña ven de utilizar 11 grileiras para o lanzamento dunha familia no Castrillón coruñés, demostrando a súa sensibilidade social e avisando, coa detención de seis concentrados, que a utilización do medo vai ser o norte do seu proceder. Neste caso, o alcalde Negreira non atopou outra solución que meter á familia nunha residencia de caridade, co risco que ten así a nai de perder os seus tres fillos.
A ministra de Traballo, Ana Mato, anunciou que as pensións subirán o ano que ven o 0,25 %, suba anual que se prolongará durante anos, cecáis décadas, grazas ao novo sistema de cálculo. Así, a maioría das pensións subirán 1,5 euros mensuais, condeando aos nosos pensionistas á pura miseria e á exclusión social. Mentres, intenta zafarse como pode do seu vencello co caso Gurtel e outros casos de corrupción co seu ex marido.
Mentiráns, desalmados e crueis: asi son quen nos gobernan; así son os que din que veñen á cidadanía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo