16 de maio de 2013

De contratos únicos, de mini-jobs e doutras explotacións

A Comisión Europea, punta de lanza do capitalismo máis voraz, levan un tempo intentando facer valer a súa proposta do "contrato único" como alternativa ao "complexo sistema contractual laboral español" (así o chaman). Incluso hai moita prensa que, como avezados palmeiros do seu amo, cantan as excelencias deste sistema que "xa funciona noutros países de Europa". Refírense a Suecia, por exemplo, entre outros países no que este contrato é o xeralizado.
O que non nos din é en que consiste esta "atrevida" proposta, segundo palabras do portavoz da organización de explotadores CEOE, Rossell. Pois ben, o contrato único consiste en que o empresario pode despedir, sen ningunha causa nin motivo a quen queira cando queira, iso si, cunha pequena indemnización. E que consecuencias ten o despido sen causa? Pos que non se pode acudir aos tribunais para reclamar precisamente iso, que a causa é falsa ou inxusta. Por certo, isto funciona en Suecia porque, entre outras cousas o paro é indefinido, polo que o medo ao perder o traballo é moi baixo.

Temos, por outro lado, acuestión dos mini-traballos. Como sempre, a patronal presenta como avance un sistema que di que funciona noutros países, como Alemania, pero o que quere é importalo capado. En Alemania, o mini-emprego non é máis que un traballo a tempo parcial, cobrando proporcionalmente o que corresponda por convenio, pero rebaixando dereitos e cotizando menos; o que a patronal propón para España como mini-traballo é un traballo a xornada completa, pero cobrando a metade do soldo. A diferenza está clara: non conformes con pagar aos xoves o 60% do soldo durante dous anos cos chamados contratos en prácticas, pretenden a xeralización da miseria para todas as idades e polo tempo que sexa necesario.
Isto é o que temos en Europa e na casa: verdadeiros maleantes no poder, insaciables e que nos levan dereitiños á escravitude.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo