27 de maio de 2013

Ataque gravísivo aos parados veteranos

O Servizo Público de Emprego Estatal ordeou que o subsidio que viñan percibindo os desempregados de máis de 55 anos se deixe de pagar desde o día de hoxe a todos aqueles que chegaran aos 61 anos. O resto dos parados deixarán de percibilo conforme vaian chegando a esta idade.
A idea que teñen é que, como é posible a xubilación, en certas circunstancias (por exemplo, 33 anos de cotización) aos 61 anos, hai que forzar a que a xente se xubile para deixar de pagarlle o subsidio. Desta actitude miserenta do goberno, despréndense dúas consecuencias gravísimas para aqueles que estean nesta situción:

  • Se tes a cotización que permite a xubilación aos 61 anos, a pesar de levar máis de 33 anos cotizados (unha vida laboral alta, comparada coas vidas laborais actuais), perdes, en caso de xubilarte, un 40% da pensión por xubilación adiantada. Se non te xubilas, pasas á indixencia porque deixan de pagarche a prestación.
  • Se non tes a cotización, tamén che quitan a prestación en canto chegues aos 61 anos, pero te obrigan a reclamar que aínda tes dereito a percibila por non ter a cotización, co que podes estar varios meses sen cobrar ata que cho recoñezan.
O goberno, incluida a impresentable Ministra de Emprego, Fátima Báñez, nin sente, nin padece, nin se compadece, nin ten consideración cos oprimidos nin con aqueles que están nunha situación insostible. Botalos fóra é unha prioridade absoluta. Non teñamos con eles a consideración que eles non teñen con nós nin cos nosos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo