5 de xuño de 2013

O desprezo da Xunta aos doentes

O DOG do luns pasado publicou a Orde que regula a prestación das próteses en Galicia. Segundo esta, os enfermos que necesiten próteses deberán pagalos ao 100% por adiantado antes de que a Xunta, tras un proceso complexo de reclamación do reintegro, devolva a parte que ten que pagar o Sergas.
O sistema cambia radiclamente: ata o de agora, o paciente paga a súa parte no comercio, o comercio cárgalle a factura á Xunta e o doente desenténdese de todo. A partir do 15 de xuño, o enfermo ten que pagar a totalidade e despóis reclamarlle á Xunta, presentado non só a factura, senón tamén a receita médica e a ficha técnica da prótese.
A Xunta di que pagarán nun prazo de cinco meses, pero non hai ningunha garantía de que isto vaia ser así.

Como mostra do que haberá que adiantar, tomemos uns exemplos que figuran no DOG citado:
  • Cadeira de rodas ríxidas: 275 euros.
  • Cadeiras de rodas adaptables especiais e reclinables: 1.200 euros.
  • Baterías para cadeiras de rodas: 485 euros.
  • Andador: 66 euros.
  • Máscaras: entre 95 e 1.673 euros.
  • Camisetas de compresión: entre 149 e 210 euros.
  • Medias ou pantys de compresión: entre 64 e 240 euros.
  • Coxíns para previr úlceras: entre 80 e 358 euros.
  • Prótese de restauración do nariz: 576 euros.
  • Audífono: 800 euros.
Este é un pequeno exemplo da desfeita que estes desapiadados acaban de aprobar. Lévannos directamente á existencia de doentes de primeira e de segunda: os que poidan permitirse o luxo de pagar a próteses e os que non poidan adiantar os cartos, ou teñan que agardar meses para aforralos. A sanidade pública está en perigo en mans destes bandidos. Loitemos polos nosos dereitos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo