5 de xuño de 2013

O borrador da xornada e do teletraballo

O borrador da Orde que regula a xornada laboral e o teletraballo contén algunhas novidades sobre o proxecto inicial, das que salientamos as seguintes:
  • O teletraballo será compatible co horario flexible.
  • Os horarios distintos do xeral e o flexible constarán nas RRPPTT cos complementos correspondentes.
  • A pausa dentro da xornada laboral será de 30 minutos.
  • Garántense, no teletraballo, as condicións en materia de prevención de riscos, de seguridade social, de protección e de confidencialidade de datos.
  • O empregado con teletraballo, ademáis do equipo con acceso á rede lector de tarxeta e móbil, será responsable do mantemento e reparación dos equipos, así como das incidencias.
Para a CGT, os avances son claramente insuficientes sobre o proxecto inicial, que é manifiestamente mellorable:
  • No horario xeral (7:45 a 15:15), debería admitirse unha franxa horaria de compensación, non só despois da hora, senón tamén antes, para os casos en que se produzan fichaxes antes do horario establecido.
  • No horario flexible por interés particular, o cómputo do horario é semanal, cando na modalidade de conciliación o cómputo é mensual. Non se entende esta discriminación, que supón unha contradición co propio concepto de horario flexible.
  • O horario normal debería ser o flexible, e non a excepción. Ante a previsible avalancha de peticións de horario flexible, é posible que moitos teñan que esperar ata os tres meses (ata que se resolva a petición) co horario xeral ríxido sendo o seu traballo totalmente compatible co horario flexible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo