17 de setembro de 2013

Xa está cuantificado o roubo

Por fin apareceu o documento oficial que valora o recorte nas pensións durante os próximos nove anos. A memoria que o goberno enviou ao Consello Económico e Social cuantifica en perto de 33 mil millóns de euros o "aforro" -bonito nome para un roubo- que o Estado terá pola modificación do sistema de cálculo das revalorizacións das pensións. Segundo este novo sistema -que aplica o chamado "factor de sostebilidade"- as pensións non subirán segundo o IPC, senón en función dos ingresos, dos cotizantes, da esperanza de vida, etc., é dicir de factores que son contrarios todos ao incremento das pensións. As pensións, segundo o novo sistema, nunca subirán menos do 0,25% e tampouco nunca máis desa mesma porcentaxe.
A isto hai que engadirlle o retraso da idade ordinaria de xubilación (67 anos) e a modificación no cálculo da pensión inicial, que suporá unha redución adicional das pensións.

O impacto para os traballadores destas medidas será brutal e provocará a dependencia económica dos anciáns. Nesta situación de precariedade, voltaremos ás imaxes da postguerra, nas que o normal era a convivencia de tres ous máis xeracións dunha mesma familia na mesma casa, intentando sosterse no medio da miseria. Só a loita de todos os traballadores contra este novo ataque poderá modificar a política deste goberno desalmado e ladrón.
Máis información, picando aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo