26 de setembro de 2013

Reunión da Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos

A reunión da Plataforma Galega en defensa dos Servizos Públicos celebrouse en Compostela o día 24 de setembro.Estaban presentes: CIG, CC OO, UGT, CSIF, ANPE, OMEGA, CEMS, SAE e un sindicato de Xustiza, ademais da CGT.
Abre a reunión a representante de CIG e informa que, previamente a esta reunión de “todos”, os catro sindicatos con representación na Mesa sectorial da función pública (CIG, CC OO, UGT e CSIF) xa celebraran outra e posto de acordo sobre o que ían propoñer no día de hoxe ao resto das organizacións.
A primeira proposta referiuse á continuidade da propia Plataforma, por máis que, segundo se recoñecía, a última etapa da súa existencia tivese sido máis "lamentable". Por suposto, ningún dos presentes fixo ningunha análise ou comentario respecto a este feito, como tampouco ninguén preguntou que podería terse feito tan mal para rematar a Plataforma do modo que o fixo. De feito, ningunha organización puxo reparo ningún á continuidade da Plataforma, nin ao que deseguida se formulou, por máis que todos eles comentasen a situación xeral de apatía, desmobilización e desafecto dos traballadores.

Seguiu a representante de CIG para expoñer a proposta que consensuaran previamente entre os catro sindicatos citados:

1.- Semana do 1 ao 9 de outubro: celebración de Asembleas nos Centros de Traballo e por bisbarras (promovidas en cada lugar polos sindicatos con representación nas Xuntas de Persoal e, no seu caso, Comités de empresa), para expoñer aos traballadores o calendario de “mobilizacións”, contra os recortes e a agresión dos servizos públicos.
2.- 9 de outubro: Rolda de prensa o día 9 de outubro, ás 11:00h, no local de CIG, en Compostela, para “anunciar” a concentración en San Caetano do día seguinte e as 'mobilizacións' previstas.
3.- 10 de outubro: Concentración en San Caetano (Compostela) ás 11,30h, coincidindo cun "Consello" da Xunta.
4.- Outras concentracións ante a Xunta: en data por determinar, coincidindo coa convocatoria pola Xunta de La Mesa de Negociación (probable, en torno ao 16 de outubro) e os debates no Parlamento de Galicia dos Presupostos para o ano que vén (cara a finais de outubro ou novembro).
5.- Recollida de firmas: Facer un texto breve, coas reivindicacións básicas “xa decididas” para recoller firmas entre os traballadores da Área Pública. Queda a CIG encargada de redactar ese texto, que pasará despois a todas as organizacións por correo electrónico. Se temporalizará esa campaña de recollida de firmas, aínda que non se comentou que se ía facer con elas.
6.- Manifestacións comarcais: Ir valorando a posibilidade de realizar as devanditas manifestacións en data por determinar, que se fixará nunha próxima reunión da Plataforma.
7.- Portavocía da Plataforma: Que todas as organizacións outorguen a portavocía (¿?)da Plataforma aos catro sindicatos citados: CIG, CC OO, UGT e CSIF.
Ningún dos presentes fixo comentario crítico ningún a estas propostas, iso si, admitíndoas sen ningún tipo de entusiasmo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo