24 de xullo de 2013

Protocolo contra as agresións aos empregados públicos

Ante a noticia de que o goberno está preparando un protocolo contra o alarmante incremento das agresións aos empregados públicos, a CGT da Xunta considera que hai que facer a reflexión de que o goberno, en vez de facer tantos estudios e marear a perdiz, debe tomar medidas favorecedoras das relacións entre o empregao público e o cidadán. Estas medidas sinxelas eliminarán o 95% das agresións e son as seguintes:
  • Dotar aos servizos de atención con persoal suficiente que reduza os tempos de espera interminables que hai en moitas dependencias públicas, evitando a desesperación das persoas que agardan pola súa quenda
  • Abandono, por parte do goberno, da criminalización dos empregados públicos, aos que se lles fai responsables da crise e aos que se presenta como inimigos do resto dos cidadáns
  • Cesamento da política de recortes nos servizos públicos, que fai que os cidadáns non atopen axuda ou solucións aos gravísimos problemas sociais que padecen e reaccionan contra o empregado público, representante dunha administración que consideran inimiga nese momento
  • Formación específica aos empregados públicos que os dote das habilidades axeitadas para superar situacións de tensións cos cidadáns
Non consideramos que as medidas coactivas ou represoras solucionen o problema, senón que o único que conseguirían é que o cidadán vexa ao funcionario directamente como un inimigo ao que se enfrontar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo