Máis de mil traballadores públicos concentráronse hoxe, a partir das dez da mañá, diante das portas do Parlamento de Galicia, para protestar contra os recortes que o goberno de Feijóo impón aos empregados públicos. A concentración foi moi rouidosa e animada durante as dúas horas que durou e correáronse berros en contra dos recortes, de Feijóo e do PP, e en defensa dos servizos públicos.
Dentro do Parlamento, no espazo dos invitados, estivo presente un grupo de representantes dos traballadores, entre eles da CGT, que manifestaron a súa repulsa no momento da votación e que foron desaloxados e identificados pola policía. Dada a velocidade e présas que se deron en aproar as medidas, algún dos representantes sindicais non foi nin capaz de chegar á zona de invitados, ao ser retirdos na entrada sufrindo un inusitado celo da seguridade privada para acceder ao recinto.
28 de febreiro de 2012
27 de febreiro de 2012
Concentración no Hórreo
Mañán, día 10, someterase a lei de recortes aos empregados públicos a votación no Parlamento de Galicia. Haberá unha concentración diante do edificio e pídese a todos os traballadores que podan que se cencentren alí para amosar a protesta ante as medidas.
Os que non o poidan facer en Compostela, pódense concentrar diante dos seus centros de traballo.
Os que non o poidan facer en Compostela, pódense concentrar diante dos seus centros de traballo.
Outro recorte
Na nómina deste més de febreiro, todos os asalariados sofrimos unha nova mordida ao noso soldo, esta vez a través do IRPF, ese imposto que pagamos, case en exclusiva, os traballadores, dado que os ricos seica non teñen rendas. Cunha media de case 20 euros mensuais de desconto, fannos un pouco máis pobres, esmágannos un pouco máis.
Pronto non teremos nada que perder.
Pronto non teremos nada que perder.
24 de febreiro de 2012
Éxito de participación nas mobilizacións de onte
A participación nas manifestacións de empregados públicos enprotesta polos recortes foi masiva. Milleiros de traballadores participaron nelas e corearon consignas en contra de Feijóo, da Xunta, dos recortes e, sobre todo, do deterioro dos servizos públicos.
Ampliación da información, picando nas leguintes ligazóns:
Faro de Vigo La Opinión A Coruña La Voz de Galicia El Diario de Pontevedra El País La Región
Feijóo, mentres tanto, di que renuncia a baixar soldos "mientras aguantemos", voltando a reiterar as súas ameazas.

23 de febreiro de 2012
Ás presas, non se vaia cabrear o persoal
O Boletín Oficial do Parlamento de Galicia do día 21, ademáis de publicar o proxecto de lei de medidas -os recortes- no emprego público, tamén publica o acordo de propoñer ao Pleno do Parlamento que a tramitación sexa por trámite de urxencia, polo sistema de lectura única.
Hai que dicir tamén que, a pesar disto, non está todo dito. Os traballadores non debemos cesar nas nosas mobilizacións aínda que os políticos pensen que coa aprobación, ás presas e ás agachadas, do proxecto, todo remate.

Hai que apoiar as concentracións e manifestacións de hoxe
A mobilización sen desmaio é o único xeito de tumbar os recortes
Hoxe están convocadas concentracións e manifestacións de empregados públicos en toda Galicia (ver o cadro da esquerda). A importancia destas mobilizacións é esencial para amosar a este goberno a fortaleza e a xustiza das nosas reivindicacións.
Compañeira, compañeiro: acude e participa!
OS DEREITOS NON SE NEGOCIAN, DEFÉNDENSE!
CONTRA OS RECORTES AOS EMPREGADOS PÚBLICOS, MOBILIZACIÓN!

Manifesto sindical contra o anteproxecto de lei de medidas no emprego público da Xunta de Galicia
Os Servizos Públicos son os principais instrumentos que determinan o desenvolvemento e a calidade do Estado do benestar. Deles dependen a gratuidade, a calidade e a universalidade da educación, da sanidade e uns servizos sociais que atendan as persoas e desenvolvan a lei de dependencia. Satisfán as necesidades máis básicas da cidadanía en condicións de acceso universal, non discriminatorio e cun custo accesible, vertebran a sociedade e garanten a igualdade das persoas, asegurando unha maior cohesión social.
Todas as medidas propostas, neste anteproxecto de Lei, supoñen un ataque brutal e inxustificado, dirixido, unha vez máis, ao conxunto dos empregados e empregadas públicos, medidas que, de aplicarse, condicionarán, aínda máis, o futuro dos Servizos Públicos en Galicia; en consecuencia, debemos rexeitar e rexeitamos todas e cada unha das medidas propostas en base ao seguinte decálogo.

22 de febreiro de 2012
Ante as agresións só cabe defenderse e loitar
Estes
días de mobilización demostraron que os poderosos, cando os traballadores
loitan e se amosan reivindicativos, póñense nerviosos. Cunhas poucas
manifestacións coordenadas xa conseguimos que o ex interino Feijóo presentara
unhas mínimas melloras no asunto das retribucións nas baixas por enfermidade.
Con isto demóstrase que, se incrementamos a contundencia das mobilizacións,
poderemos conseguir a volta atrás nas intencións deste fato de desvergonzados.
Están anunciando que as medidas de roubo dos nosos
dereitos aprobaranse o día 28 próximo no parlamento.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Confederación Xeral do Traballo