28 de agosto de 2015

Novas instrucións sobre as enfermidades e outras situacións

A Dirección Xeral da Función Pública publicou na súa web unhas novas intrucións sobre a aplicación dos complementos da incapacidade temporal e nas situacións de maternidade, patenidade, risco durante o embarazo e durante a lactación natural, coa finalidade de de adaptar as anteriores instrucións á Lei 02/2015, do emprego público de Galicia.
Non hai grandes novidades que non soubésemos. O máis destacable -que xa viña na lei- é que, a partir da entrada en vigor daquela, os descontos por IT serán os mesmos, independentemente do número de baixas que o traballador teña no ano, é dicir, que non irán aumentando segundo haxa máis baixas.
Tamén é importante que a consideración de enfermidade grave ven determinada pola relación que figura no anexo das propias instrucións.

Para nós, o máis importante é que se sigue facendo descontos a compañeiros polo simple feito de estar enfermos, engadindo unha situación de precariedade económica á precariedade que a propia enfermidade conleva. Reivindicamos a eliminación destes descontos de xeito absoluto.

1 comentario:

  1. 1. Por riba, para xustificar que a baixa é por unha enfermidade grave recollida nas instrucións, hai que presentar a baixa có diagnóstico, o papeliño que pon que é para o traballador, ónde queda a protección de datos nun tema de especial sensibilidade como é a saúde?
    2. Nalgúns casos, hai que presentar informes complimentarios, é dicir darlles acceso a unha parte do expediente médico do traballador, qué teñen que saber eles se o traballador ten VIH ou unha enfermidade dexenerativa ou un trastorno alimentario?
    3. E hai enfermidades que son moito máis graves das que veñen tipificadas nese copia e pega dun Real decreto sobre a protección dos pais e nais con fillos con cancro, o cal xa é de por sí moi triste, certo, pero con este sistema se penalizan pecuniarimente unhas enfermidades e outras non, que poderían ser incluso máis graves.

    ResponderEliminar

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo