4 de decembro de 2014

A dureza da cara de Feijóo non ten límites

Feijóo anunciou onte no Parlamento galego que reporá, "paulatinamente", o 100% das pagas extras que recortou nos anos 2013 e 2014 (o complemento específico).
O que non di é qué significa "paulatinamente". Temos que lembrar que, no referente á paga extra eliminada en decembro de 2012, Feijóo anunciou que, en xaneiro de 2015, devolverá 1/8 do seu importe e outro tanto "cando se poida".
A única realidade é que hai eleccións durante os próximos dous anos e hai que quedar ben enganando ao persoal. A devolución das pagas segue supoñendo unha perda dos dereitos salariais, dado que desde o "Zapaterazo" -ano 2010- os soldos non volveron subir, e dito hai xa case cinco anos.
Señor Feijóo: deixe de mentir e devólvanos o incautado en salarios, vacacións, días de asuntos particulares, retribucións nas baixas de enfermidade, fondo de acción social, etc., e así poderá convencernos de que ten en algunha consideración aos traballadores. Facer outra cousa non é máis que propaganda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo