5 de decembro de 2014

Tranquilos, non hai que tomar os tellados

O anuncio de Feijóo sobre a recuperación das pagas e outras cuestións na próxima lei da Función Pública galega non hai que tomalo coma un regalo do noso presidente.
En primeiro lugar, haberá que ler o contido do que se aprobe polo Parlamento e aí veremos sea recuperación é tal como a din na súa propaganda, é dicir, se no ano 2018 recuperaremos a totalidade da extra do ano 2012 e o específico eliminado nos anos seguintes.
En segundo lugar, hai que considerar que esta chamada "devolución" supón que seguiremos coas pagas diminuídas ata o ano 2018, coa merma salarial que isto supón.
Tampouco se fala nada das revisións salariais ordinarias, co que se pode fácilmente vender públicamente como suba salarial a devolución das pagas.
En canto ao plus dos altos cargos, xa veremos como queda na lei ouse hai letra pequena; o mesmo pasa coo libre designación das xefaturas de servizo.
Tamén haberá que ver o resto da lei, é dicir, os plans de avaliación, posibilidade de mobilidade e revogación dos empregados públicos, do que non se falou nada na rolda de prensa.
En definitiva, Feijóo non é de fiar, así que cando leamos a lei saberemos a que aternos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo