8 de agosto de 2007

UNHA XUBILACIÓN DOURADA PARA OS EX PRESIDENTES DA XUNTA

No DOG de hoxe, día 8, saíu publicada a Lei que modifica a Lei do Consello Consultivo de Galicia. Este Consello, organismo inútil entre os inútiles, está composto, entre outros, polos ex presidentes da Xunta (a lei fala tamén das ex presidentas, pero xa sabemos que estamos condenados a aturar estes disparates linguísticos en ben da corrección política). Albor, Laxe, Fraga e Touriño (cando cese) poderán estar neste consello ata doce anos con soldo a cargo da Xunta de Galicia, con honras e precedencias protocolarias e, por outros catro anos máis (ampliables) terán dereito ós medios e servizos que se establezan por decreto da Xunta. É dicir, que mamarán das ubres do estado ata a fin. Quen llo ía dicir a algún destes!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo