24 de agosto de 2007

BARRA LIBRE NO SERGAS

Hoxe, 24 de agosto, publícanse no DOG, varias disposicións polas que se integra no Sergas ó persoal de diversas fundacións sanitarias: Instituto Galego de Oftalmoloxía, Hospital de Verín, Hospital do Barbanza, Hospital Virxe da Xunqueira e Hospital Comarcal do Salnés. Segundo as ditas disposicións, o persoal destas fundacións poderá, mediante unha solicitude, integrarse no persoal estatutario ou laboral correspondente. Así, grazas á política sanitaria do PP, inventando os chiringuitos fundacionais, e a política de persoal do PSOE-BNG, obviando os principios de igualdade (que pasa co persoal que está no paro?), mérito (todos teñen o mesmo padriño?) e capacidade (e as probas selectivas?), seguen incrementándose os cadros de persoal de xeito irregular.

Non temos nada en contra de que o persoal se busque a vida, pero sí a temos de que haxa persoas que se vexan favorecidas con respecto a outras pola simple razón de ter amigos ou coñecidos ou sexan simpatizantes políticos dalgunha das oligarquías dominantes. Se algún traballador público queda que confie neste goberno autonómico, terémolo que mandar a revisión, que algo ten.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo