16 de abril de 2007

O 19 DE ABRIL, TI DECIDES

O próximo 19 de abril son as eleccións a Xunta de Persoal de funcionarios da provincia da Coruña. A CGT está distribuíndo un documento que explica a súa postura sobre a inundación de promesas que enchen as nosas mesas de traballo e, case sempre, as nosas papeleiras. Destacamos algún párrafo deste documento:

O día 19 de abril pensa ben o que decides: O feito de votar o próximo día 19 de abril non debe significa-la renuncia a calquera outra participación, como se con iso xa tiveses cumprido. Ó contrario, para facerte valer debería se-lo primeiro acto dunha participación continuada durante os seguintes catro anos.

É preciso cambia-lo actual modo de facer, sempre esperando a que o goberno expoña as súas propostas, sempre a remolque da súa folla de ruta. Durante a negociación, chegando a decidir, entre todos, se é necesaria ou non a mobilización e ata onde a imos asumir. E despois de chegado o pre-acordo na Mesa, ratificándoo ou non mediante un referendo. Se o goberno resérvase a ratificación ou non do acordado na Mesa, ¿por que non os nosos representantes? Tan difícil é? ou tan pouco conveniente? A quen non lle convén? A CGT seguirá promovendo esta outra maneira de facer, porque sabemos que só coa mobilización, só coa participación, poderemos consegui-las reivindicacións máis necesarias e máis xustas.

DETEÑAMOS:
  • A degradación do público e o establecemento de criterios mercantilistas, cuxo único obxectivo é no enriquecemento de petos privados.
  • A perda de poder de compra
  • A negociación ás agachadas dos traballadores e a asinar sen a súa aprobación
  • A desnaturalización da función pública, con contratas que eluden o control administrativo e crean persoal regularizable agradecido ó xefe político.
  • A desmobilización, pois únicamente loitando se conquistan dereitos. Ben sabemos que o mendigo non ten dereito á esmola.

Xuntamos o documento completo, e recorda que outra forma de facer sindicalismo é posible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo