19 de abril de 2007

CELEBRÁRONSE AS ELECCIÓNS Á XUNTA DE PERSOAL

No día de hoxe tiveron lugar as eleccións á Xunta de Persoal na Coruña e podemos adiantar que os resultados para a CGT foron malos, xa que non conseguimos ter representación nela. O aumento da participación, centrada especialmente no notable arrastre de votos da CSIF, provocou que non puidésemos supera-la barreira do 5% mínimo para entrar na Xunta. A eso temos que engadir, con seguridade, erros propios que teremos que analizar.

Sen embargo, para a CGT o sindicalismo non remata nin nas eleccións nin nos liberados sindicais, así que desde agora mesmo facemos votos de seguir traballando en defensa dos intereses lexítimos dos traballadores e practicando un sindicalismo de participación directa dos mesmos. Así que non se entristezan os compañeiros que colaboraron con nós ou nos deron o seu voto. Seguimos en pé e dispostos á pelexa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo