27 de abril de 2007

NORMAS PARA AS VACACIÓNS DO ANO 2007

A Dirección Xeral da Función Pública enviou a tódalas Consellerías as normas para as vacacións deste ano. Xeralízase, por fin, a posibilidade de petición por días (cinco como mínimo), pero hai otros aspectos que queremos resaltar. Estamos convencidos de que en Función Pública hai alguén que ten como único traballo cada ano o de poñer obstáculos que impidan que os traballadores collan as vacacións sen problemas. Á vista das instrucións, preguntámonos:
  • Cal é o problema para que non se poidan pedir vacacións de data a data?
  • Por que se seguen sen aclarar se a preferencia do período é do traballador ou é da Xunta?
  • Por que se perden as vacacións en caso de enfermidade sobrevida se a Xunta recupera os cartos da Seguridade Social?
  • En que norma de rango legal se dispón que os días de asuntos particulares non se poden xuntar ás vacacións?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo